miércoles, 18 de junio de 2008

FORMULARIO: CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO

D. Procurador de los Tribunales, no nome e representación de D. Alba Gómez Rodríguez, según acredito mediante escritura de poder bastante para pleitos que, se acompaña ó presente escrito para a súa inserción en autos por copia con rogo de devolución do orixinal, ante a Sala comparezo e como mellor proceda en Dereito, digo:
Que con fecha de 20-01-2007 notificóuseme provido da fecha de 27 de 05 de 2008 polo que en el se me emplaza para que formule demanda no prazo de vinte días, tendo recibido copia do expediente. Que por o presente escrito, e dentro do prazo legal establecido ó efecto, conforme ó art. 52 da Ley 29-1998 de 13 de julio da xurisdición contencioso administrativa, formulo DEMANDA, de acordo con el art. 56 do mesmo texto legal, en base ós seguintes feitos e fundamentos de dereito:
Feitos:
Primeiro: erro nas habilitacións.
Segundo: presentadas reclamacións e de alzada que foron rexeitadas.
Terceiro: o recurso de alzada foi rexeitado polo que recurro ó contencioso administrativo. Fundamentos de dereito:
Primeiro: conforme ó art. 24 da LO 6-1985, de 1 de xullo do Poder judicial e art. 1 da lei 29-1998, de 13 de xullo, o coñecemento deste recurso atribúese ó orde xurisdicional contencioso administrativo.
Segundo: é competencia da sala do contencioso -administrativo do tribunal superior de xustiza, conforme ó art. 10 y 14 da citada lei.
Terceiro: o meu representado posee capacidade procesal conforme ao disposto na Lei 29-1998, de 13 de xullo.
Cuarto: conforme ao disposto nos art. 19 y 21 do mesmo corpo legal, corresponde a lexislación activa á Administración contra cuxa actividad dirixese ó recurso e la lexitimación activa ó meu representado.
Quinto: Esta parte actúa representada por Procurador y asistida por Letrado, según o disposto no art. 23 da Lei 29/1998, de 13 de julio.
Sexto: O procedemiento a seguir é o establecido en 49 a 77 da Ley 29/1998, de 13 de xullo.
Séptimo: non hai motivo algún para que sexa privado dos estudos realizados e polo tanto reclamo os meus dereitos.
Polo exposto, suplico á sala do contencioso administrativo do tribunal superior de xustiza, que se teña por presentado este escrito e os documentos que con el se acompañan, se sirve admitilo e se teña por interposta no tempo e forma demanda e se dicte no seu día, tras os trámites legais e o recibimento a proba que esta parte desde hoxe interesa, sentencia pola que se anule e deixe sen efecto o acto impugnado e condene á Administración.
Por ser xustiza que pido en Galicia, a 28 de 04 de 2008.

MODELO DE RECURSO DE ALZADA

Dª. Alba Gómez Rodríguez, maior de idade, con domicilio a efecto de notificacións en Lalín calle B, nº 24 y D.N.I 44093227, a V.E.M.
Expone: Que mediante o presente escrito, interpoño recurso de alzada, previo á vía contencioso-administrativa, o que baso nos seguintes:
Feitos:
Error nas habilitacións.Fundamentos xurídicos: Todos os estudios que ten unha persoa deben aparecer reconocidos e polo tanto os meus estudos de lengua e literatura galega deben de ser recoñecidos.
Na súa virtude, suplico a V. M. E. que, tendo por presentado este escrito, o admita a trámite y dé por interposto recurso de alzada e solicitando que os meus dereitos de estudo sean recoñecidos.
Galicia, 21 de mayo de 2008.
MAGFCO. Y EXCMO.
SR. RECTOR DE LA UNIVERSIDAD POLITÉCNICA DE GALICIA.

MODELO DE RECLAMACIÓN

Dª. Alba Gómez Rodríguez.
D.N.I. 44093267.
Publicadas as listas provisionais de funcionarios docentes do corpo de Maestros por Resolución de 26-02-2007, do director Xeneral de Persoal Docente, presento reclamación por non estar de acordo coa siguiente circunstancia: Error nas habilitacións. Fundamentos da reclamación: Considero que non estou de acordo co establecido xa que no me recoñecen os meus estudios para ser profesora de lengua e literatura galega, a parte de maestra de educación infantil. Documentación xustificativa: Presento unha fotocopia pola cal fun habilitada.
En Lalín a 17 de mayo de 2007.
Fdo.: Alba Gómez Rodríguez.
Sr. Director Xeneral de Persoal Docente.

ORGANIZACIÓN DOS MODELOS PARA UNHA RECLAMACIÓN

Nun principio, se un non está de acordo co establecido e desexas iniciar unha protesta debes enviar o modelo de reclamación a admistración correspondente. Neste modelo debes poñer os teus datos persoais e o motivo da reclamación que efectúas. Por outro lado se estes non aceptan a reclamación pódese volver enviar outra reclamación, pero neste caso a unha administración diferente. Se esta volve ser rexeitada a opción que quedaría sería enviala ó contencioso administrativo ó tribunal supremo de xustiza, que sería a última opción no que se refire a xustiza. A posteriori, o recurso de alzada sería o último caso de recurso administrativo, enviado ó alcalde ou alcaldesa. Finalmente, en caso de seguir sen ser aceptada a túa reclamación e se existiu un caso semellante no que si foi resolta debemos acudir ó recurso de alzada, no que podes reclamar que o mesmo caso é aceptado a outra persoa e a ti non. Xa por último, se despois de todos estes procedementos de protesta segue sen ser aceptada a túa reclamación o único que quedaría sería reclamar a igualdade de dereitos, que en teoría está vixente nos países democráticos, que xorde despois do recurso de alzada.

PRESENCIA DOS XURADOS

Existen xuízos nos que non convén que se celebren seguindo a lei de xurado para o seu funcionamento, é dicir, que debe reservarse para determinados asuntos. Pois, hai veces que non ten sentido que nos obriguen a montar un xuízo con xurado por unha pequena omisión do deber de socorro, co custo que ten tanto económico como material. É dicir, non é necesario facer unha montaxe dun homicidio consumado para xulgar de forma adecuada e dar satisfación a tódolos implicados.

miércoles, 11 de junio de 2008

CONSECUENCIAS DA GUERRA

Nas guerras, os dereitos individuais non se respectan para nada, pois moitas persoas son obrigadas a loitar en contra da súa vontade, moitos perden a vida, morren moreas de nenos pola fame e moitas causas máis, por iso se deberían de evitar as guerras. Ademáis ás persoas que viven as guerras néganlle o dereito a sufraxio, etc. Nas guerras, chegamos á conclusión de que os dereitos das persoas é o último no que se pensa. Esto está situado dentro de factores políticos.

RIQUEZA E POBREZA

Tamén por diversos factores económicos ese dereito que nos garante que todos somos iguais non se cumpre. Pode haber enormes diferenzas entre as distintas clases sociais. Ante esta situación falamos de desigualdade pois, este é un dos principais motivos polos que unhas persoas se consideran superiores a outras. Xa que, ó pertencer a unha clase superior máis alta ou por ter un maior nivel económico xa se cren mellores ca outras. Esta situación debería desaparecer de forma que ninguén se sentise superior a nadie nin que o fose. Pois, desta forma moitas persoas séntense inferiores ás outras, debido a que non poden ascender de clase social, quen nace rico, rico será para sempre, quen nace pobre, pobre seguirá sendo, xa que só uns poucos gozan do privilexio de poderen ascender. Así observamos a enorme diferencia que pode chegar a haber por motivos económicos, deste xeito o dereito á unha propiedade digna ten grandísimas desigualdades.

RACISMO

Debido a diversos factores históricos, hai grandes problemas e desigualdade entre razas. A pregunta é: Serán as novas xeracións as que cambien esta situación tan terrible na que nos encontramos? A resposta sería positiva pois, cada vez aparecen moitos casos disto nos xornais, na televisión, etc. Primeiro para acabar co racismo habería que borrar a palabra "razas" do diccionario. Así, o non existiren outras razas todos seriamos iguais, independentemente da cor da pel de cada un.

jueves, 5 de junio de 2008

DISTINCIÓNS NO DEREITO Ó TRABALLO

O factor que fai que se incumpra a igualdade ó traballo, é, basicamente o económico. Nesta gráfica podemos observar as distincións dos salarios polo feito de ser dun sexo diferente. Ademáis, actualmente no mundo aínda as mulleres non poden desempeñar certos cargos, por exemplo no caso de ser papa, xa que ningunha muller pode desempeñar este cargo.